TRANSMISOXINIA

A transmisoxinia, término acuñado por Julia Serrano, é a discriminación que atenta contra as mulleres trans, por ser mulleres e por ser trans. Non só se rechaza a unha muller trans, senon que recházase a idea de que é unha muller, porque na pirámide social, o home cis hetero branco está por enriba de todas as demais, e non aceptan que alguen baixe de categoría na escala social.

É unha forma de violencia cissexista: as mulleres trans estamos estigmatizadas e hipersexualizadas, somos violentadas e violadas. Moitas veces somos tratadas coma homes gays, chámannos 'maricóns' cando a nosa realidade é sermos mulleres, e cando se nos ve coma mulleres que somos, en vez de ser mulleres a secas, chámannos cousas coma "mulleres con pene" ou "con sorpresa", coma se unha muller só puidera ter unha cona.

Algo que considero moi grave é que tamén existe transmisoxinia dentro do propio feminismo, pero un feminismo que non abarca o colectivo trans, non pode ser considerado feminismo, pois ao non incluirnos, exclúennos, coma se non fósemos mulleres. Unha muller cis non é máis muller que unha muller trans, somos todas mulleres da mesma forma. Sen embargo, hai mulleres cis que se consideran máis mulleres por ser mulleres "biolóxicas", e eu pregunto, acaso eu son artificial? acaso non somos mulleres? Moitas veces responden "e que eu teño vulva", coma se só as mulleres tiveran vulva, porque hai homes trans e persoas de xénero non binario. Ademáis, a miña resposta a estas preguntas é esta.

As persoas trans estamos atacadas polo cisheteropatriarcado, igual que as mulleres cis, polo que deberíamos loitar xuntas, para combatir a discriminación das mulleres, tanto cis coma trans.

As TERFs reproducen unha conducta cispatriarcal e de discriminación cara as persoas trans, sobretodo ás mulleres. Aférranse aos argumentos de que as mulleres trans fomos criadas coma rapaces e non coma rapazas, pero e que precisamente iso é un exemplo máis da transfobia e transmisoxinia, ademáis de sexismo, ao perpetuar os roles de xénero. Hai tamén un argumento que paréceme moi perigoso, que é que pensan que hai homes que fanse pasar por mulleres trans para violar, pero e que un home, ao estar na cúspide da escala social, non ten que facerse pasar por nada para violar ou violentar a alguén.

E non, non estou esaxerando, porque eu son testigo de este tipo de actitudes, tanto en Internet coma na vida real, e estes comportamentos rematan en confrontamentos, en violentacións, agresións... simplemente por non aceptar a unha muller trans coma unha muller, e ás veces, nin como persoa.

Comentarios

Entradas populares de este blog

AVANTE LGBT

VEGANISMO