Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2018

CONCENTRACIÓN VIGO DESPATOLOXIZACIÓN TRANS

Imagen
Este pasado sábado 20, na asociación AvanteLGTB Vigo, organizamos unha concentración no centro da cidade para manifestarnos. Recitei persoalmente un discurso e a continuación fixemos uns cánticos. NON MAIS TRANSFOBIA! NON QUEREMOS FOBIAS QUE NOS DISCRIMINEN! MENTALICE DESPATOLOXIZACIÓN, MENTALICE! O CORPO É NOSO, A NOSA ESCOLLA, DESPATOLOXIZACIÓN!! HOLA, QUÉ TAL? SON TRANSEXUAL! TRANS SON E TRANS SEREI, E NO ARMARIO NON QUEDAREI! CISHETEROPATRIARCADO, TERRORISMO DE ESTADO! A concentración foi bastante ben, eu persoalmente quedei contenta, aínda así, espero que para  as próximas veña máis xente. A xente parouse a escoitarnos, achegáronseme persoas a pedirme contacto comigo e coa asociación, e incluso achegouse unha muller veciña da miña avoa a darme o seu apoio. Non teño suficientes palabras para dicir o agradecida que estou. Ata que se despatoloxice a transexualidade non imos parar, non imos deixar de berrar nin de reclamar nosos dereitos

DESPATOLOXIZACIÓN TRANS

Imagen
20 de outubro. En 2009, STP, a Campaña Internacional Stop Trans Pathologization convocou este día co motivo de visibilizar que ser trans non é ningunha enfermidade, que non estamos tolas ou tolos, que non estamos mal da cabeza por ser trans, porque ao parecer, asustamos ó sistema, coma se ser trans fora un constipado que che deixa mal da cabeza, e non é así. De acordo co manifesto pola despatoloxización trans, as persoas trans existimos dende que existe a humanidade, xa que só é un exemplo da enorme diversidade dentro do ser humano. Sen embargo, en 1952, creouse o DSM e patoloxizouse, e non só iso, fai uns 65 anos, a American Psychiatric Association decidiu que a nosa existencia non podía amoldarse ós seus esquemas e que non respondía ás suas teorías da identidade sexual e/o de xénero. E claro, como era mais cómodo, decidiron patoloxizar a aqueles que lles sobrasen no esquema. A día de hoxe seguen vixentes as categorías "disforia de xénero" / "trastornos da iden

AÍNDA NON

Aínda non! Moitos pensan que xa todo está aceptado, que non pasa nada xa, que xa está todo ben. Oxalá... Sí que se comparamos como vai o hoxe en día con tempos pasados, podemos dicir que imos mellor, pero iso non significa que xa estea todo solucionado. A día de hoxe, todavía está en pé o sistema machista, aínda hai unha brecha salarial por distinción de xénero, aínda hai violencia machista, aínda edúcasenos o machismo, aínda se adoptan comportamentos machistas e aínda existen os micromachismos. A día de hoxe, todavía hai lesbofobia, homofobia, bifobia, transfobia, fobia a todo o colectivo lgtbi+, aínda se lles dan palizas ás persoas non cisheterosexuais por ese motivo, aínda hai xente que pensa que a xente lgtbi+ é xente enferma, e por exemplo, ás persoas trans literalmente estamos patoloxizadas e tratadas coma enfermas. A día de hoxe, todavía existe o racismo, hai burlas, insultos e agresións cara a persoas racializadas, hai discriminación a aquelas persoas que non

ACTIVISMO

Moita xente pensará que por qué é tan importante o activismo ou incluso que é algo innecesario ou unha perda de tempo. Pois ben, explícovos, sen o activismo, non podemos reivindicarnos polos nosos dereitos ou polos dxs demáis, non podemos loitar contra as opresións... Básicamente, sen o activismo, estamos admitindo a derrota contra o sistema opresor. Dentro do activismo, existen varios ámbitos importantes. Aqueles ámbitos que parécenme máis importantes e son aqueles polos que loito son: Feminismo Movemento lgtbi+ Racismo Veganismo Consumismo Temos que loitar contra a opresión do sistema cisheteropatriarcal branco especista capitalista e consumista. Non podemos permitir que siga existindo o machismo, a lgtbi+fobia, o racismo, o especismo e o consumismo masivo da sociedade.

BENVIDXS!

Moi boas a todxs, graciñas por visita-lo meu blog. Velaquí podedes encontrar información sobre loitas como o consumismo, veganismo, feminismo, movemento lgtbi+... que proporcionarei. Anímovos a participar en actividades culturais relacionadas con estes temas, contactar e formar parte de asociacións, santuarios, espazos seguros ou simplemente formar parte destes círculos. Grazas a estes círculos podemos fomentar a conciencia social sobre estes temas, e ter a oportunidade de reivindicarnos. Un saúdo, Victoria Olivia Meijide Rodríguez