Entradas

Mostrando entradas de enero, 2019

VEGANISMO

Este ano novo 2019 quero comezar falando do veganismo, outra das nosas loitas máis importantes. En resumidas contas, o veganismo é un estilo de vida, mais non considero que sexa unha definición adecuada, pois non debería ser simplemente un estilo de vida, debería ser algo implementado en toda a sociedade, en todo o mundo. En qué momento pensamos e asumimos que precisamos asasinar un animal para vivir? É un mito, unha mentira, fomentada pola ignorancia e pola cultura heredada. Non precisamos comer un cadáver para vivir, para obter toda-las vitaminas, ou para medrar śas, de feito, alimentarse de animais é contraproducente para a saúde. Eu, por exemplo, levo xa uns 5 anos sendo vegana, e dende entón teño milloría na miña saúde, estou moito mellor física e psíquicamente, eu antes tiña sobrepeso, e agora, estou no meu peso ideal, por poñer un exemplo da miña milloría de saúde. Moita xente arguméntame que e que non poden ser veganas porque lles falta nonseiqué vitamina ou proteína. Est