MEU NOME É VICTORIA OLIVIA

Meu nome é Victoria Olivia, e son unha muller trans.


Hoxe, no día da Memoria Trans, quero comentar a miña situación. Eu case sempre ocultei a miña propia expresión de xénero, e sentinme liberada e empoderada cando por fin puiden contar e mostrar que son unha muller trans. Sí, alegreime moitísimo cando por fin puiden ser eu mesma, sen ocultarme máis. Pero é unha alegría que non durou moito. Comentarios, insultos, miradas, agresións verbais, amenazas...


Paráronme máis unha vez pola rúa para insultarme. Poño un exemplo: Estaba eu un día pola mañá, de camiño a clase. Ía eu moi contenta, vestida coa miña saia favorita... Ata que esperando a poder pasar no paso de peatóns, apareceu de súpeto un señor, que achegouse a min, e comezou a berrarme. Baixei o volume dos meus auriculares, e escoitei frases que cito textualmente: "Tiñas que estar no cárcere", "Deberíante matar" e máis comentarios que non quero recordar... E non foi a única vez que me pasou algo coma iso. Dende entón, sei perfectamente o que é saír con medo á rúa. Medo a que me insulten. Medo a que me agredan. Medo a que me maten. Porque un día foron Alan, Lorena, Ekai, Eli, Thalía... e igual outro día a seguinte son eu.


Non sei se isto pásalle a a moita máis xente, pero eu cada vez que se reporta outra agresión física ou verbal, ou outro asasinato social, síntome impotente, porque por moito que berremos, que reivindiquemos, que protestemos... a lei segue sen protexernos, seguimos clasificadas coma enfermas... e cando penso que non puidenmos facer nada para evitar o asasinato dalgunha das nosas irmás trans, dóeme o peito de tanta impotencia ao non poder facer nada máis que berrar.

Comentarios

Entradas populares de este blog

AVANTE LGBT

VEGANISMO

TRANSMISOXINIA