TRANSMISOXINIA
A transmisoxinia , término acuñado por Julia Serrano , é a discriminación que atenta contra as mulleres trans, por ser mulleres e por ser trans. Non só se rechaza a unha muller trans, senon que recházase a idea de que é unha muller, porque na pirámide social, o home cis hetero branco está por enriba de todas as demais, e non aceptan que alguen baixe de categoría na escala social. É unha forma de violencia cissexista: as mulleres trans estamos estigmatizadas e hipersexualizadas, somos violentadas e violadas. Moitas veces somos tratadas coma homes gays, chámannos 'maricóns' cando a nosa realidade é sermos mulleres, e cando se nos ve coma mulleres que somos, en vez de ser mulleres a secas, chámannos cousas coma "mulleres con pene" ou "con sorpresa", coma se unha muller só puidera ter unha cona. Algo que considero moi grave é que tamén existe transmisoxinia dentro do propio feminismo, pero un feminismo que non abarca o colectivo trans, non pode ser cons