DÍA DA MEMORIA TRANS

Hoxe é un día de lembranza, da Memoria Trans. 

Deberíamos reflexionar sobre as que xa non están connosco, as que xa non poden lanzar as súas voces. E é moi importante preguntarse a unha mesma, "Por qué? Qué puido ter sucedido para merecer isto? E máis importante, por qué segue pasando?

As persoas trans e de xénero diversas somos aínda a día hoxe, vítimas de violencia, violacións, humillacións, agresións e asasinatos, os cales moitas veces non son reportados. Sufrimos as miradas que xulgan, os berros ignorantes de "é chico ou chica?" e "iso é o baño de homes/mulleres eh...", os insultos e a violencia psicolóxica coma "non podes vestir así, que ti es un home/muller", a discriminación no propio sistema estatal onde aínda estamos a esperar a protección e seguridade que prometían. 

Somos tratadas como unha categoría inferior ao resto, estamos cuestionadas en todo-los ámbitos da vida, queren que escondamos a nosa etiqueta de trans para eles sentirse "cómodos" ... e nós?? Cómo pode ser xusto esconder o que unha é? Como pode ser xusto finxir que unha parte da sociedade non existe? Pois existimos, e ao que aspiramos é a ter o noso dereito nado, a nosa cidadanía, e unha lei trans estatal que permita a autodeterminación do xénero.


Cuestionan o noso dereito a ter reflectida a nosa identidade nos documentos oficiais, complicando a busca á integración laboral e social, expoñéndonos a todo tipo de situacións incómodas polas que estamos obrigadas a saír continuamente do "armario". Precisamos actuacións en todo-los niveis da sociedade, precisamos un límite legal que nos axude e que nos protexa, e que nos deixe vivir con dignidade.

Todas compartimos a loita por unha sociedade hostil e intolerante, unha sociedade que nos da as costas tantas veces que perdemos a conta, unha sociedade que ri de nós cando só queremos ser nós mesmas, cando só queremos ter a nosa validez legal, que xa sabemos que somos válidas, somos diversas, somos únicas, e formamos parte desta sociedade vergoñosa.

Temos que reeducar a sociedade e loitar contra a transfobia, porque o noso berro común é máis forte que calquera tipo de violencia. Loitemos xuntas, que só así poderemos demostrarlles que a igualdade sí é posíbel!

Nós estamos a sufrir agora, seguimos aquí, seguimos adiante e loitamos... pero desafortunadamente perdemos compañeiras, arrebatadas por esta violencia tránsfoba. E non, non morreron, nin se suicidaron, foron ASASINADAS!!

Agora temos que ser a súa voz. Temos que seguir visibilizando a comunidade trans na súa memoria. Actualmente, o número de persoas trans asasinadas no mundo no 2018 chega a 369 persoas... e nos últimos 10 anos chegan a 2982 asasinatos... O máis preocupante é que ese número vai subindo, vai subindo cada ano e claramente, o número rexistrado non é de todo fiábel, xa que haberá moitos casos que non se puideron reportar, ou que se quixeron ocultar... A maioría destas vítimas son mulleres trans racializadas, de América Central e do Sur. A maioría destes asasinatos ocorren no Brasil, de esas case 3000 mortes, o 80%, 2350... son de Brasil. Ademáis, entre elas, moitísimas son rexistradas como anónimas, por culpa da falta de papeis legais e "confusión" do nome actual no país determinado e outros motivos inxustos, xa que según a etapa da transición da persoa, vanse referir a ela cun xénero ou outro; por exemplo, se é unha muller trans no comezo da transición, vanlle tratar co xénero masculino. Son 369 asasinadas este ano, e moitísimas máis que non coñecemos, e por desgraza, estes asasinatos de transfobia están á orde do día.

Non imos esquecer nunca a Alan, a Lorena Reyes, a Ekai, a Eli, a Thalía... Temos que seguir loitando polos nosos dereitos, e polos seus, pola xustiza!


Discurso redactado por AvanteLGBT, reciclando parte do discurso de Amizando.

Comentarios

Entradas populares de este blog

AVANTE LGBT

VEGANISMO

TRANSMISOXINIA