CONCENTRACIÓN POLO DÍA DA MEMORIA TRANS

O pasado domingo, dende AvanteLGBT Vigo, organizamos unha concentración por este día, o da memoria trans.


A concentración foi levada a cabo exitósamente, na Farola de Vigo, no centro da cidade. Acudiron aproximádamente unhas 60 persoas a escoitarnos, xunto con membras doutras asociacións, como Nós Mesmas, que nos prestou a súa colaboración, e por iso, estamos agradecidas.








Agradecemos tamén a todo o mundo que acudiu á concentración, que prendeu velas, trouxo flores, pancartas e bandeiras. E tamén quero agradecer a dúas persoas que animáronse a falar tamén: A Sole e a Diana.


Nesta concentración sentín o apoio da xente, sentín dor e tristeza pola perda das nosas irmás trans asasinadas.




Emocionalmente derrumbeime despois de ler todo-los asasinatos no mundo e a nosa situación, pero levanteime e díxenme a min mesma: Se non berro eu, ninguén vai berrar por min; Se non berramos nós, ninguén vai berrar por nós!

Despois desta concentración, saquei a conclusión de que temos que loitar, e cada vez máis, sen descanso, ata conseguir a igualdade da que nos están privando.



Comentarios

Entradas populares de este blog

AVANTE LGBT

VEGANISMO

TRANSMISOXINIA