AVANTE LGBT

Quero falarvos da organización AvanteLGBT, unha organización LGBT+, Anti-Capitalista, Feminista e Galego-falante.

Na propia organización, temos unha división comarcal, de forma que cada comarca actúa libremente, pero sempre pertencendo á organización en sí. Actualmente temos 6 comarcas: Santiago, Vigo, Pontevedra, Coruña, Ferrol e a máis nova, Ourense. Cada comarca encárgase de convocar as súas Asembleas Comarcais, eventos, xornadas, charlas, festas, concentracións, manifestacións...

Fai dúas semanas tivemos a primeira Asemblea Nacional Constituínte, onde entre todas debatemos e aprendemos entre nós, e actualizamos os nosos estatutos. Axudámonos entre nós, autoensinámonos e organizámonos. Tedes aquí algunhas fotos da ANC, na Casa do Matadoiro, o lugar onde se fan a maioría de asembleas e eventos en Santiago de Compostela, e esta asemblea foi realizada alí, xa que a propia organización naceu en Santiago.


As nosas asembleas son abertas ao público, todo o mundo que queira vir a ver cómo funcionamos é benvido, e invitamoslles a que formen parte de nós.


Se queres contactar connosco, podes asistir ás nosas asembleas comarcais ou nacionais, contactarnos mediante a nosa conta de correo, ou mandarnos un mensaxe a través das redes sociais.



Conta de correo:

  • avantelgtb@gmail.com

Redes sociais:

  • Instagram: avantelgbt
  • Twitter: @AvanteLGTB
  • Facebook: Avante LGTB

Temos tamén contas para cada comarca, podes atopalas só con engadir ao nome xeral o nome da cidade (por exemplo, o instagram da comarca de Vigo é avantevigo)


Comentarios

Entradas populares de este blog

VEGANISMO

TRANSMISOXINIA