AÍNDA NON

Aínda non!

Moitos pensan que xa todo está aceptado, que non pasa nada xa, que xa está todo ben. Oxalá...
Sí que se comparamos como vai o hoxe en día con tempos pasados, podemos dicir que imos mellor, pero iso non significa que xa estea todo solucionado.

A día de hoxe, todavía está en pé o sistema machista, aínda hai unha brecha salarial por distinción de xénero, aínda hai violencia machista, aínda edúcasenos o machismo, aínda se adoptan comportamentos machistas e aínda existen os micromachismos.

A día de hoxe, todavía hai lesbofobia, homofobia, bifobia, transfobia, fobia a todo o colectivo lgtbi+, aínda se lles dan palizas ás persoas non cisheterosexuais por ese motivo, aínda hai xente que pensa que a xente lgtbi+ é xente enferma, e por exemplo, ás persoas trans literalmente estamos patoloxizadas e tratadas coma enfermas.

A día de hoxe, todavía existe o racismo, hai burlas, insultos e agresións cara a persoas racializadas, hai discriminación a aquelas persoas que non sexan brancas.

A día de hoxe, todavía hai especismo, todavía vivimos nunha cultura na que é normal criar animais para matalos co fin de alimentarse deles, aínda se lles trata coma utensilios e coma se en vez de un ser vivo foran simplemente comida, aínda se pensa que se non comes carne vas morrer ou ter problemas de saúde, se pensa que é normal torturar a una animal baixo o nome de 'arte'.

A día de hoxe, todavía existe o consumismo masivo contaminante, todavía producimos montóns de cousas innecesarias e que son tóxicas para o planeta, aínda producimos plástico en exceso, aínda cómprase en marcas de roupa que fomentan a explotación, aínda cómprase comida que en vez de ser ecolóxica, está chea de tóxicos, aínda bébese auga non saudable con presencia de microplásticos ou con porquería de cañería.

Todavía non é o momento de cantar vitoria, temos moito camiño por diante que facer, moitas reivindicacións, moitas protestas, moitas manifestacións. Loitemos contra o sistema!

Comentarios

Entradas populares de este blog

AVANTE LGBT

VEGANISMO

TRANSMISOXINIA