DESPATOLOXIZACIÓN TRANS

20 de outubro.

En 2009, STP, a Campaña Internacional Stop Trans Pathologization convocou este día co motivo de visibilizar que ser trans non é ningunha enfermidade, que non estamos tolas ou tolos, que non estamos mal da cabeza por ser trans, porque ao parecer, asustamos ó sistema, coma se ser trans fora un constipado que che deixa mal da cabeza, e non é así.

De acordo co manifesto pola despatoloxización trans, as persoas trans existimos dende que existe a humanidade, xa que só é un exemplo da enorme diversidade dentro do ser humano. Sen embargo, en 1952, creouse o DSM e patoloxizouse, e non só iso, fai uns 65 anos, a American Psychiatric Association decidiu que a nosa existencia non podía amoldarse ós seus esquemas e que non respondía ás suas teorías da identidade sexual e/o de xénero. E claro, como era mais cómodo, decidiron patoloxizar a aqueles que lles sobrasen no esquema.

A día de hoxe seguen vixentes as categorías "disforia de xénero" / "trastornos da identidade de xénero" nos catálogos diagnósticos (DSM de la American Psychiatric Association e CIE da Organización Mundial da Saúde), e temos que loitar para que se retiren esas categorías, ademais de tamén loitar polos dereitos sanitarios das persoas trans.

En xuño deste ano fixeron un cambio na catalogación da transexualidade, a quitaron de enfermidades mentais, pero o que non querían que sepamos é que en realidade movérona a unha sección referente a enfermidades e trastornos relacionados co aparello reproductor e a sexualidade, polo tanto, segue catalogada coma unha enfermidade.

O feito de que nos clasifiquen coma persoas enfermas é un atentado contra o principio de igualdade e liberdade que aparece no primeiro artigo da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, porque para ser recoñecidas e recoñecidos xunto os nosos dereitos coma persoas, obrígannos a pasar por uns requisitos que non se lle exixen a ninguén. As persoas trans estamos privadas dos nosos dereitos dende que nos patoloxizaron, incumprindo o segundo artigo da declaración onde se defende que todas as persoas teñen os mesmos dereitos e liberdades.

É especialmente preocupante a situación das mulleres trans debido a que non só temos que hormonarnos, queramos ou non, para ter recoñecemento legal senón que ademais ditas hormonas non son específicas para nós, senon para mulleres menopausicas. Este tratamento hormonal pode chegar a ser moi perxudicial ao non estar debidamente adaptado as nosas necesidades especificas e é unha manifestación máis da transmisoxinia que inunda a nosa sociedade.

Queremos que se despatoloxicen as identidades trans e as expresións de xénero non normativas, que se nos recoñeza legal e socialmente, que se aplique unha ley de igualdade LGBTI que nos protexa, que se acabe a discriminación trans en todo-los ámbitos, que se penalicen as agresións transfóbicas, que se deixen de facer ciruxías ás persoas intersex durante os seus primeiros anos de vida, e unha mellora nos trámites que precise unha persoa trans.




Comentarios

Entradas populares de este blog

AVANTE LGBT

VEGANISMO

TRANSMISOXINIA