VEGANISMO

Este ano novo 2019 quero comezar falando do veganismo, outra das nosas loitas máis importantes.

En resumidas contas, o veganismo é un estilo de vida, mais non considero que sexa unha definición adecuada, pois non debería ser simplemente un estilo de vida, debería ser algo implementado en toda a sociedade, en todo o mundo.

En qué momento pensamos e asumimos que precisamos asasinar un animal para vivir? É un mito, unha mentira, fomentada pola ignorancia e pola cultura heredada. Non precisamos comer un cadáver para vivir, para obter toda-las vitaminas, ou para medrar śas, de feito, alimentarse de animais é contraproducente para a saúde. Eu, por exemplo, levo xa uns 5 anos sendo vegana, e dende entón teño milloría na miña saúde, estou moito mellor física e psíquicamente, eu antes tiña sobrepeso, e agora, estou no meu peso ideal, por poñer un exemplo da miña milloría de saúde.

Moita xente arguméntame que e que non poden ser veganas porque lles falta nonseiqué vitamina ou proteína. Esta é a miña resposta: Se tes algunha falta de algo é porque non comes suficientes vexetais que teñan esa vitamina ou esa proteína. E pode que o cadáver do animal que te estás a comer teña esa vitamina ou proteína, pero é porque alimentouse de verduras que a tiñan, ou doutros animais que comían esas verduras.

Promover a industria cárnica, láctea ou de ovos ten ademáis un terrible gran impacto sobre o medioambiente, por exemplo, gástanse millóns de litros de auga que non se gastarían se a xente non comera cadáveres doutras especies.

Mercar leite de vaca fomenta á cultura de violación das vacas, pois as inseminan todo-los anos ata que morren, arrebátanlles os fillos, para comer ou para reemplazar o seu posto, e roubanlles o leite que debería ser para as fillas e os fillos das vacas, todo para o noso consumo dun vaso de leite, que é, ademáis de totalmente innecesario, malo para a nosa saúde.

O veganismo non é un estilo de vida, o veganismo é un movemento que busca a liberación dos animais para que deixen de ser vistos coma comida, cando son seres coma nós, con sentimentos e toda unha vida por diante, son os nosos amigos. Por qué está tan ben visto comer unha vaca e non un can? Non son animais iguais? Non son animais coma nós?? Dicir que es "amante dos animais" mentres tes un cadáver no plato é totalmente hipócrita e especista.

Repito, non é necesario comer animais para estar sá, para estar sá debes ter unha dieta vexetal. Todo o demais son mitos, mentiras, ignorancia...

Así que pido por favor, pensade nos animais que asasinan para levalos ó teu prato, pensa na vida que poideron ter, e date conta da vida que realmente teñen. Os animais non son comida, son amigos. Recomendo que busquedes información, e vexades documentais doutras activistas. Deixo aquí a ligazón a un post de cómo ser vegana ou vegano da páxina de James Aspey, un activista que admiro moito.

Sé vegana ou vegano polos animais, polo mundo, e pola túa saúde.

Comentarios

  1. Betting on sports toto - Sporting 100
    The betting odds suggest that you can 토토 사이트 추천 place a bet on which team will win the match, and when a horse will finish third, you are betting

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

AVANTE LGBT

TRANSMISOXINIA